O pasado 4 de novembro foi adxudicada definitivamente a Construcciones Angel Jove S.A. a Construción do Centro de Día e Miniresidencia por un importe de 1.449.370,13€.
Esta obra que promove o Concello e subvenciona a Conselleria de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia é unha das máis importantes que se recordan en Boimorto xa que representa un salto cualitativo moi importante para a nosa comarca. Un centro deste tipo vai supoñer unha mellora na calidade de vida dos nosos maiores xa que non só é o Centro en si, senón os servizos que coas suas instalacións se ten pensado proporcionar ós nosos maiores: "Comida sobre rodas", lavandería, ...
Ó día seguinte de ser adxudicada a obra xa se comezou coa primeira fase de construcción da obra, a exacavación, e segundo a oferta do constructor ten que estar rematada para xullo de 2010. Este prazo de construcción tan reducido é moi importante pois se se cumpren as expectativas poderia estar funcionando para o ano 2011.
Categoría: