AMARAI

 

 

Denominación da entidade:

Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio a Integración das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide. “Amarai”

Domicilio social:

Edificio María Mariño, Rúa Padre Pardo nº 33 – 1º

CP 15810, Arzúa (A Coruña)

Teléfono/Fax: 981 500 823 / 516 072

Móbiles: 663 899 428 / 670 335 495

Breve descripcion da entidade:

No ano 1997 constitúese Amarai, cando un grupo de persoas con discapacidade e familiares destas deciden poñer en funcionamento unha asociación que teña como labor principal; a de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias. Posibilitando a plena inclusión destas persoas nos diferentes ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Amarai defende unha forma de facer propia manifestada a través da súa MISIÓN, VISIÓN e VALORES. Convertendo as persoas con discapacidade, mulleres, homes, nenas e nenos e as familias os máximos referentes da nosa acción, e beneficiarios finais da mesma. Esta asociación aborda a discapacidade dende un enfoque de dereitos humanos, estando o eixo da acción reivindicativa de Amarai constituído, tanto pola defensa da plenitude de dereitos, e non discriminación, a igualdade de oportunidades, a inclusión na comunidade, a autodeterminación, a promoción da autonomía persoal e a emancipación social. Polo tanto, a estratexia de Amarai está presidida polo enfoque inclusivo.

“MISIÓN”: Conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

“VISIÓN”: Unha entidade consolidada e amplamente recoñecida pola sociedade en xeral, polos seus valores, compromiso e liderado nas metodoloxías de traballo e na procura da excelencia nas actuacións dirixidas o grupo social de persoas con discapacidade.

“VALORES”: Amarai basea a súa actuación nos seguintes valores:

  • Democracia interna.
  • Solidaridade entre os seus membros.
  • O impulso da participación dos seus membros e tódalas súas actuacións.
  • A transparencia e publicidade na xestión e actuación dos seus soci@s.
  • Defensa das necesidades xerais por enriba de intereses particulares.
  • A defensa do grupo social como titulares de dereitos evitando as mensaxes sentimentalistas, paternalistas ou asistenciais

AMARAI en Boimorto.

A Asociación leva traballando con moitos veciños de Boimorto dende a súa posta en funcionamento, pero dende fai un par de anos o compromiso da mesma con Boimorto vese reforzado co posta en marcha dun Centro de Recursos hubicado a escasos 500 metros do núcleo urbán de Boimorto na parroquia de Boimil.

O centro está totalmente adaptado ás necesidades dos usuarios que nel fan diversas actividades e talleres. Ficha do centro na web de cogami.


Dossier completo WebBoimorto.